Logo
 
   

 
 

 
 
 

CAMBIO DE FECHA DO NACIONAL BLACK-BASS ORILLA.

Cámbiase a fecha do nacional Black-Bass orilla do mes de setembro ao mes de outubro.

 

CALENDARIO

 

 

 

CONVOCATORIA CAMPIONATOS NACIONAIS.

Convocatoria para participar nos campionatos nacionais de Auga Doce Mixto, Mar Costa Damas e Open Embarcación Fondeada Dúos.

 

AUGA DOCE MIXTO

MAR COSTA DAMAS

OPEN EMBARCACIÓN FONDEADA DÚOS

 

 

 

BASES DOS SELECTIVOS, CORCHEO MAR E EMBARCACIÓN FONDEADA.

Xa podedes descargar as bases dos campionatos selectivos, corcheo mar e embarcación fondeada.

 

BASES CORCHEO

BASES E. FONDEADA

 

 

 

ADMITIDO O RECURSO DA FEPYC.

A Federación Española de Pesca y Casting presentou un recurso contra o Real Decreto 1628/2011, que foi admitido a tramite o pasado día 13 de febreiro.

 

RECURSO

 

 

 

NOTA DE PRENSA DA FEPYC.

Nota de prensa da Federación Española de Pesca e Casting sobre o Real Decreto de E.E.I.

 

NOTA DE PRENSA

 

 

 

CLASIFICACIÓN AUTONÓMICO CORCHEO MAR.

O pasado domingo día 05 de Febreiro, celebrouse na escollera de O Berbés en Vigo, o Campionato Autonómico de Corcheo Mar Memorial Pepe Saavedra, cun total de 36 participantes e 98, 4 Kilos de pesca, a clasificación quedou deste xeito.

 

CLASIFICACIÓN

 

Publicacións nos xornais do día 06 de Febreiro.

DIARIO ATLÁNTICO

FARO DE VIGO

MARCA

 

 

 

1º CURSO DE XUÍCES AUTONÓMICOS.

 

Cumprindo o acordado na Xunta Xeral Ordinaria da Federación Galega de Pesca, queda convocado o 1º Curso de Xuíces autonómicos para os vindeiros días 24 e 25 de Marzo de 2012.

O curso constará de 5 probas, as cales corresponden ás seguintes materias: normas xenéricas, reglamento de xuíces, probas físicas (obrigatorio roupa de deporte), modalidade correspondente e recoñecemento de especies.

Toda a documentación necesaria estará a disposición dos interesados nesta web.

O custo deste curso é de 125€ por persoa e inclúe:

  • Presentarse ás probas en dúas modalidades deportivas (cada modalidade adicional terá un custo de 20€).
  • Cea do sábado noite.
  • Hotel a noite do sábado.
  • Almorzo e comida do domingo.

 

O lugar onde se realizará o curso comunicarase nos vindeiros días.

Para poder realizar o curso, é necesario enviar  antes do día 19 de marzo a folla de inscrición debidamente cumprimentada, acompañada dun certificado psicotécnico ou fotocopia do carné de conducir e o xustificante do ingreso do curso na conta da Federación Galega de Pesca.

 

FOLLA DE INSCRICIÓN

REGLAMENTO DE XUICES

NORMAS XENÉRICAS

EMBARCACIÓN

AUGA DOCE

BLACK-BASS

SALMÓNIDOS

DENDE COSTA

 

 

 

 

COMUNICADO DA FEPYC SOBRE O REAL DECRETO.

 

A solicitude do Presidente da FEPyC, a asemblea xeral da Asociación de Federacións Deportivas Españolas, "AFEDES", celebrada na sede do Consello Superior de Deportes o 31-01-2012, aprobou por unanimidade apoiar incondicionalmente a Federación Española de Pesca e Casting na sua reclamación para a modificación do Real Decreto 1628/2011, polo que se crea o Catálogo de Especies Exóticas Invasoras.

 

 

 

 

BASES CAMPIONATO AUTONÓMICO CORCHEO MAR.

 

Estas son as bases e a localización do Campionato Autonómico de Corcheo Mar.

 

BASES


Ver mapa más grande

 

 

 

 

DOCUMENTACIÓN ENTREGADA NA ASEMBLEA 2012.

 

Poñemos a vosa disposición a documentación entregada na Asemblea Xeral celebrada en Lalín o pasado día 22 de Xaneiro.

 

OBSERVACIÓNS DA TESOURERÍA

CADRO DE PARTICIPACIÓNS

CIRCULAR A TODOLOS CLUBS

PLANIFICACIÓN TEMPADA 2012

 

 

 

 

 

CALENDARIO DEPORTIVO 2012.

 

Este é o canldario deportivo 2012 aprovado na Asemblea Xeral, celebrada en Lalín o día 22 de xaneiro.

 

GALEGO
GALEGO + NACIONAIS

 

 

 

 

ORDE DE VEDAS 2012.

 

Xa podedes descargar a orde de vedas de pesca fluvial 2012.

 

ORDE DE VEDAS

 

BOAS NOVAS NO CASO DO REAL DECRETO DO CATÁLOGO DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS.

 

Esta texto que poñemos a continuación foi remitido polo Subdirector Xeral de Actividades Cinexéticas e Pesca Continental o Presidente da Federación Española de Pesca e Casting. E o final podedes descargar a nota que escribiu a Federación Española de Pesca e Casting sobre o Catálogo de Especies Exóticas Invasoras.

 

Querido Sr. Bruna,

En nombre del Subdirector General de Actividades Cinegéticas y Pesca Continental, Sr. Alex Cuadros, le confirmamos nuestro apoyo respecto al informe que quiere usted redactar desde la FEPyC para el nuevo Gobierno Central, conjuntamente con las CC AA que quieran adherirse, con las peticiones de modificación del Real Decreto 1628/2011 (Catálogo de Especies Exóticas Invasoras).

Para cualquier asunto relacionado estamos a su disposición.

Saludos,

Joan Barraut Plarromaní

Gestión Ambiental: Pesca Continental. 

 

NOTA DA FEPYC SOBRE O CATÁLOGO DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS.

 

 

CONCENDELLE A MEDALLA DO COE A PESCADORES DEPORTIVOS DA FEPYC.

 

O Presidente do Comité Olímpico Español notificou o Presidente da FEPyC, que o Comité Executivo do COE aprobou por unanimidade na sesión X-11 otorgar a medalla do Comité Olímpico Español as pescadoras deportistas componentes da selección española feminina de auga doce, que se proclamou brilantemente campiona do mundo en Sudáfrica 2010, así coma o campión do mundo de mar costa xuventude no mundial de Portugal 2010, satisfacendo así a petición expresa que o Presidente da FEPyC Realizou a dito Comité Olímpico.

mais información...

 

 

 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA.


Señor/a Asembleista;
É un pracer convocalo/a á Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Pesca que terá lugar o vindeiro día 22 de xaneiro de 2012 en Laín, nos salóns do Bar Suso, en primera convocatoria ás 9,30 h e ás 10,00 h en segunda, para tratar a seguinte:


ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da derradeira Asemblea Xeral.
2.- Informe do Presidente.
3.- Liquidación, se procede, do orzamento do exercicio 2011.
4.- Aprobación, se procede, do orzamento para o exercicio 2012.
5.- Presentación e aprobación, do Calendario Deportivo e bases das competicións 2012.
6.- Campionatos de España.
7.- Varios.
8.- Rogos e Preguntas.

Segundo o Artigo 58.- 5. dos Estatutos da Federación Galega de Pesca: “As contas anuais e os orzamentos estarán no domicilio social da Federación, á disposición das persoas ou entidades con dereito a voto na Asemblea, cunha antelación mínima de 15 días á data da Asemblea Xeral. Poderán pedir copia, que lles será entregada antes da data da mesma”.
Coa esperanza de velo/a ese día e de seguir traballando e achegando, entre todos, propostas que favorezan este fermoso deporte que nos une, preséntolles, amigos/as, os meus mellores e máis deportivos saúdos.
A Coruña a 4 de xaneiro de 2012.


 

 
 

 

 

 

 

 

 

 



 

 

 

 
       
 
Inicio | Acerca de | Contactanos
Copyright © 2009 Script Sales. All Rights Reserved.