
LOITO NA PESCA DEPORTIVA
Hai unhas horas despedimos a dous bos amigos e grandes deportistas, Vicente e Tino, tal e como lles gustaba que lles chamaran os seus amigos.
Unha mar embravecida sorprendeunos cando regresaban dunha xornada de pesca, naufragaron e, desgraciadamente, a Tino e a Vicente leváronnos as olas para sempre.
É moi difícil asimilar unha traxedia como esta, sobre todo para os que os coñecíamos, e cos que compartimos moitos campionatos provinciais autonómicos e nacionais, pois a súa bagaxe deportiva sempre estará presente, e moito máis a súa amizade e colaboración.
Desde está páxina da Federación Galega de Pesca queremos en primeiro lugar manifestar o noso fondo pesar aos familiares, aos seus amigos e ao club Windsurfing-Latorre e a todo o estamento deportivo. E tamén manifestar o noso recoñecemento a Tino e a Vicente.
Sempre estaredes na nosa lembranza.