CONVENIO DE COLABORACIÓN COA EMPRESA EUROSTARS HOTEL COMPANY

 

A Federación Galega de Pesca e Casting acaba de asinar un convenio de colaboración  coa empresa Eurostars Hotel Company, para acadar un desconto do 10% sobre a mellor tarifa en tódolos hoteis da compañía.
Tódolos pescadores que tramiten a licenza federativa durante o ano 2018, obterán importantes descontos ó realizar unha reserva a través da páxina web en calquera dos 180 establecementos, presentes en 15 paises, cos que conta a compañia Eurostars Hotel Company.

Pódense ver no seguinte link: http://www.eurostarshotelcompany.com/


Para acceder ó desconto solo hai que poñer o código no apartado de código promocional na páxina web de Eurostars Hotel Company.
.

 

O código podédelo atopar no seguinte enlace:

 

Código de desconto